A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres unha declaración institucional con motivo do Orgullo LGTBIQA+, co que o Goberno Provincial amosa unha clara defensa pola igualdade das persoas “sexas quen sexas , ames a quen ames e sintas o que sintas, e dentro da nosa firme aposta dunha Deputación coas persoas”. A declaración reza o seguinte:
“Os dereitos das persoas LGTBI están protexidos conforme a lexislación internacional sobre dereitos humanos en vigor, aínda que se precisan a miúdo medidas concretas para garantir que as persoas lesbianas, gais, bisexuais, transxénero e intersexuais (LGTBI) gocen plenamente dos dereitos humanos. As persoas LGTBI teñen os mesmos dereitos que todas as demais; non se crean novos dereitos humanos para elas nin ningún deles ten que negárselles”
Directrices para promover e protexer o goce de todos os dereitos humanos por parte das persoas lesbianas, gais, bisexuais, transxénero e intersexuales (LGTBI). Consello da Unión Europea.