A Deputación de Lugo adiántalles aos concellos aos pagos previstos ata setembro

O adianto dos pagos que realizará a Deputación de Lugo, te como fin, “facilitar a liquidez aos concellos para que poidan afrontar con máis recursos a saída da crise provocada pola pandemia ou para levar a cabo todas aquelas accións que consideren necesarias para os veciños e veciñas e o tecido económico”.Trátase da decisión de inxectar outros 11M€ aos concellos da provincia adheridos ao servizo de xestión de impostos da institución, adiantándolles os pagos mensuais previstos entre xullo e setembro. Este importe súmase aos 11M€ que xa lles adiantou en abril polos pagos correspondentes ao segundo trimestre do ano.

O presidente da institución subliñou que o adianto é “para levar a cabo todas aquelas accións que consideren necesarias para atender á veciñanza e o tecido económico dos seus territorios”.

Esta decisión “pon de relevo unha vez máis o firme compromiso do Goberno da Deputación de cooperar cos concellos: É a nosa función esencial, e máis nestes momentos, nos que sobre todo os pequenos municipios dificilmente poden encarar as novas necesidades que están xurdindo, porque dispoñen de menos recursos. É aquí onde temos un papel clave, facilitando que dispoñan de recursos para atender aos seus veciños e veciñas”, subliñou o Presidente.

O adianto, do que se benefician o 94% dos concellos da provincia, todos os que teñen delegada na Deputación a xestión e cobro de tributos, supón un importante esforzo de tesourería por parte da institución provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com