A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia e o presidente da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, acompañados de representantes de produtos típicos da provincia lucense, presentaron esta mañá o stand promocional da provincia de Lugo na volta ciclista a España 2015.
Trátase da primeira vez que o Organismo Provincial colabora nun acontecemento deportivo de carácter internacional e que fará que os produtos típicos da provincia sexan coñecidos e degustados a nivel mundial. Candia incidiu en que a maior forma de xerar riqueza na nosa provincia é promocionar os produtos que aquí se cultivan e aos profesionais que os elaboran e salientou que Lugo ten a maior materia prima e uns grandes profesionais, para facer posible isto.
Asemade, a presidenta salientou esta gran oportunidade para que os produtos da provincia sexan coñecidos e degustados en todo o mundo e augurou unha experiencia moi productiva para a proxección da imaxe de Lugo fora de Galicia. “A Deputación de Lugo sempre colaborará neste tipo de accións, porque o máis importante da nosa provincia é que xere riqueza”- manifestou.