O Goberno da Deputación de Lugo envía o expediente do programa de novas tecnoloxías Innovate, desenvolvido polo PSOE no organismo e cofinanciado con fondos Feder, á Oficina que investiga as faltas graves das institucións europeas (OLAF), por observar indicios da existencia dun posible fraude do fondos e esixirá que se depuren responsabilidades derivadas da nefasta xestión de Besteiro.
O voceiro do Goberno da Deputación, Carlos Armesto, declarou “que unha auditoría elaborada por unha empresa externa conclúe o mal funcionamento das actuacións informáticas que se levaron a cabo con cargo a este programa, que entre as dúas fases supuxo un orzamento que supera os 24,4 millóns de euros”. “Este estudo céntrase na administración electrónica e informa que as sedes electrónicas están fóra de servizo en todos os concellos adheridos ao Innovate”.