A Deputación debaterá a aprobación do Plan Único o vindeiro 20 de marzo

O Presidente da Deputación decidiu convocar para o vindeiro venres, día 20, un Pleno extraordinario para o debate e aprobación do Plan Único 2020, que se incrementa ata os 21,3 millóns de euros. O programa de cooperación cos Concellos distribuirase entre os 67 municipios da provincia coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos máis de 300.000 lucenses.

Cada municipio deberá destinar, como mínimo, a metade do importe da achega que fai a Deputación a investimentos: obras de mellora ou dotación de novos servizos públicos, como instalacións deportivas, culturais, educativas, áreas recreativas, traídas de auga, saneamentos, adquisición de colectores de lixo ou maquinaria. O 60% desa cantidade deberá ser destinado ao arranxo, reparación e mellora de vías públicas municipais.

Os fondos distribuiranse entre todos os municipios en base a criterios obxectivos, como son a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento, segundo os datos oficiais de 2019.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com