A Deputación declara a Rocío Mosquera persoa non grata

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes declarar a Rocío Mosquera persoa non grata por negar aos lucenses os servizos de Hemodinámica 24 horas e Radioterapia.

Fíxoo cos votos a favor de PSOE e BNG, posto que o PP votou en contra desta moción que levou o Goberno Provincial á sesión plenaria, logo de que os populares tamén rexeitasen en días pasados, unha declaración institucional coa que reprobar por unanimidade, “a política discriminatoria cara os cidadáns de Lugo, exercida dende a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia”.  @depulugo

José Ramón Gómez Besteiro:


Ao Pleno asistiron ducias de lucenses en apoio a esta declaración. Trátanse de veciños de toda a provincia, que asinaron a Iniciativa Lexislativa Popular, co maior respaldo na historia do Parlamento galego, ao superar as 40.000 sinaturas, para esixir ao Executivo autonómico a dotación destes servizos no Hula.

Pola súa banda, O Grupo Provincial do Partido Popular asegurou esta mañá durante o transcurso da sesión plenaria da Deputación que “ o que valen son os feitos e que toca traballar para garantirlle aos lucenses o mellor sistema sanitario”.

Os populares recoñeceron que as declaracións da Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, non lles gustaron pero aclararon que “non van facer política coa saúde da xente, senón loitar para que se cumpran os acordos de dotación de servizos no Hula”.

O Grupo propúxolle á Deputación o acordo dun texto no que quedara patente o descontento do grupo popular coas declaracións da responsable de Sanidade e no que se reflectira o compromiso de garantir os servizos de Radioterapia, a Hemodinámica e Medicina Nuclear. A proposta do GPP foi desbotada polos socialistas e nacionalistas, que consideraron que o texto non recollía con contundencia o rechazo á decisión da Xunta de non implantar a Hemodinámica 24 horas na provincia lucense. @PPdeLugo

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com