A Deputación demanda da Xunta equipamentos de protección do Covid-19 para os concellos de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, trasladou á Xunta de Galicia a demanda dos concellos da provincia relativa á necesidade de dotalos de equipamentos de protección para facer fronte ao coronavirus.

Recollendo a preocupación manifestada pola inmensa maioría dos municipios da provincia de Lugo, relativa á falta de Equipamentos de  Protección Individual -EPIs- para minimizar os riscos de contaxio do COVID-19, o Presidente remitiu un escrito á Presidencia da Xunta e á Consellería de Sanidade no que solicita á Administración autonómica que, “dentro das súas responsabilidades na crise sanitaria, proporcione a todos os concellos lucenses, canto antes, o material de auto protección en cantidades suficientes para poder desenvolver o seu traballo en condicións de seguridade”.

A Deputación Provincial de Lugo, cumprindo coa súa función esencial de cooperación cos concellos e como valedora das súas demandas, espera que a Xunta de Galicia atenda, á maior brevidade posible, as súas necesidades.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com