A Presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, anunciou esta mañá que o ente provincial asumirá íntegramente o custo do servizo de teleasistencia domiciliaria na provincia de Lugo, que ata agora financiábase entre concellos e Deputación, aportando o 50% cada un.
Candia acusou ao bipartito entre o PSOE e BNG de ser os responsables de que os municipios da provincia de Lugo tiveran que asumir a metade do custo dese servizo “por imposición”. O servizo de teleasistencia supón unha clara aposta para que os nosos maiores poidan vivir con todas as garantías nos seus fogares o maior tempo posible e nas mellores condicións”.
Estas primeiras medidas dos populares benefician a máis de 3.000 lucenses segundo valorou Candia, ” dado que ao incremento da partida destinada ao financiamento do Servizo de Axuda non Fogar que se duplica, súmanse agora os 1.071 usuarios da teleasistencia domiciliaria”, concluíu.