A Deputación financiará un 70% as Axudas no Fogar nos Concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, anunciou esta mañá en rolda de prensa que o organismo provincial suplirá á administración autonómica, financiando nun 70% as Axudas no Fogar nos Concellos de menos de 20.000 habitantes.

“O goberno popular tomou a decisión de incrementar nun 100% a partida que o ano pasado orzou o bipartito para sufragar o custo do Servizo de Axuda no Fogar Básico, de xeito que pasará de 600.000 a 1,2 millóns de euros”. A Presidenta convocou a todos os alcaldes da provincia de Lugo a unha xuntanza este mediodía na Deputación, á que acudiron alcaldes do Partido Popular, do PSdeG, representantes do Bloque Nacionalista Galego e do Grupo Mixto.

Ante as preguntas dos xornalistas, no tocante a unha posible moción de censura,  Candia sinalou que non ten medo. “Nós temos xa unha unha folla de ruta e as decisións as tomamos cunha visión temporal de catro anos”, sinalou.

Pola súa banda, o Partido Socialista de boca do voceiro provincial Darío Campos, afirman “que o Partido Popular converte á Deputación de Lugo nunha delegación máis da Xunta de Galicia”.

“Financiar os servizos sociais en Galicia é competencia da Xunta segundo establece a Reforma da Administración Local aprobada polo Goberno Central de Mariano Rajoy. Esta responsabilidade do Goberno de Feijóo foi reforzada recentemente pola TSXG, que nunha sentenza sobre o Decretazo de servizos sociais dictaminou que a Xunta ten a obriga de transferir financiamento ás entidades locais no caso de pasarlles competencias co fin de poder asumilas”, explicou Campos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com