A Deputación formaliza a denuncia polo ataque á mostra ‘Galiza. Un pobo, unha selección’

A Deputación de Lugo presentou ante a Policía Nacial a denuncia polos danos causados á mostra Galiza. Un pobo, unha selección, situada na Praza de San Marcos, que o pasado 19 de xaneiro amenceu con varios paneis cortados.O Servizo Xurídico da institución provincial formalizou a denuncia tras recoller os datos precisos para documentala.  Así, xuntáronse informes do Servizo de Seguridade, con información sobre as imaxes captadas polas cámaras no exterior do Pazo de San Marcos, e unha reportaxe fotográfica das lonas cortadas cunha valoración dos danos que se estiman en 1380 euros, máis os gastos derivados da desmontaxe e montaxe dos paneis.

A reposición das lonas cortadas levarase a cabo nos vindeiros días, unha vez conclúan os traballos de reimpresión. Desde a Vicepresidencia da Deputación sinalan que o ataque non reduciu o interese da cidadanía na mostra, senon todo o contrario. E apuntan que nos últimos días decenas de persoas recolleron  o catálogo e a  revista
que se editaron para difundir a mostra.

A exposición Galiza. Un pobo, unha selección, organizada pola plataforma Vía Galega coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, repasa a historia do deporte galego, afondando na participación de deportistas do país en competicións internacionais e reclama que Galicia compita con seleccións propias en competicións internacionais, como fan outras nacións como Gales ou Escocia.

A mostra permanecerá na Praza de San Marcos ata o 14 de febreiro, e iniciará logo unha itinerancia por Sarria, Monforte, Chantada, Vilalba, Viveiro, Foz, Ribadeo, Barreiros e Valadouro.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Mardebering
    Feb 02, 2022 - 08:38 PM

    Es que colocar esos carteles de esa manera, era visto que cualquier delincuente/es los iba destrozar,… https://t.co/38ZqJehPpZ

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com