A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, adiantou que o organismo provincial xa ten listo o proxecto de acondicionamento de dúas vías en Alfoz, e que se aprobará este mesmo mes en Xunta de Goberno o inicio do proceso de contratación. As obras poranse en marcha no mes de abril.
Trátanse dunhas obras que se executarán en dúas vías que están unidas, e que vertebran o Concello de Alfoz. Estas estradas discorren polas parroquias de Seara, Carballido e O Castro. Ambas vías rexistran moito tráfico xa que levan ao serradoiro e a gardería de Alfoz e é o principal acceso vía de unión co concello de Foz.
Lara Méndez: