A Deputación inviste en dúas estradas en A Pastoriza e Riotorto

O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, acompañado do Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra, adiantou un novo investimento do Executivo Provincial de 210.000 euros para mellorar máis de 7 quilómetros de dúas estradas provinciais, das que se beneficiarán uns 4.000 veciños  dos Concellos da Pastoriza e Riotorto. As melloras serán na LU-P-1106, de Castro de Rei, por Reigosa, á estrada de Bretoña a Lindin; e a LU-P-4402, da estradas de Paraxes a Lourenzá, por Bretoña, a Muiñonovo.

Campos Conde destacou que “a través destas melloras que financiamos dende o Goberno da Deputación, buscamos mellorar as comunicacións das que dispoñen os nosos veciños, especialmente os do rural, e dentro da nosa clara defensa da igualdade de oportunidades vivas onde vivas”. 

 Iglesias Sierra, agradeceu á Deputación “o esforzo realizado ano tras ano polo Goberno Provincial para que o noso Concello teña unhas boas infraestruturas que permitan a unha rexión de interior, rural e cunha poboación dispersa, manter activa a súa vida e economía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com