A Deputación lanza 14 itinerarios para dar a coñecer o románico lucense no Día da Transrománica

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Alcalde de Meira, Antonio de Dios, o Concelleiro de Comunicación e Relación Institucionais do Concello de Foz, Carlos García, e representantes dos guías de turismo que realizarán as actividades, presentou nos Xardíns do Pazo de San Marcos o programa de actividades que a institución provincial pon en marcha con motivo do Día da Transrománica. Esta iniciativa, que celebra a súa xornada internacional o domingo 9 de maio, contará na provincia con 14 rutas que se levarán a cabo nunha xornada de portas abertas ao románico da provincia.

Os itinerarios serán de balde e cun máximo de 8 persoas por visita, e estarán dirixidos por un guía oficial de turismo. No caso de Meira e de Foz, os concellos colaboran nesta conmemoración ofrecendo estas visitas da man das guías municipais que traballan nestes municipios.

As inscricións ábrense o venres, 30 de abril, ás 10.00 horas, e permanecerán abertas ata o día anterior ás actividades, o 8 de maio, ás 12.00 horas, ou ata completar aforo. En total ofértanse 112 prazas e as persoas interesadas poderán inscribirse na páxina web http://inscricions.deputacionlugo.org.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com