A Deputación mellora con 135.000 euros a estrada que une Baralla con Navia de Suarna

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, supervisou esta mañá as obras de mellora da estrada LU-P-0508, financiadas polo Goberno da Deputación cun investimento de 135.000 euros. Os traballos, xa rematados, consistiron na rehabilitación do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, e incremento da seguridade a través da instalación de sinalización horizontal e vertical. As actuacións leváronse a cabo nun treito de 2,5 quilómetros, dende o punto quilométrico 4,5 ata o 7, executándose na súa maioría no municipio barallense, así como nun pequeno treito no Concello de Becerreá.

Santos Ramos destacou que “co remate destas obras damos resposta a unha demanda dos veciños da Montaña luguesa que empregan a cotío esta estrada. Trátase dunha vía de comunicación fundamental nesta comarca pois une os municipios de Baralla, Navia de Suarna e Becerreá”.

O Deputado avanzou que “proximamente levaranse a cabo máis traballos de mellora en estradas de Baralla con case 100.000 euros, concretamente, na LU-P-0606, que vai de Longoria por Sixirei, á estrada de Becerreá e Sarria, na que se acondicionarán os primeiros 2,7 quilómetros desta vía, que é moi empregada por ser a vía principal que conecta os núcleos rurais de Longoira, Piñeira, Sixirei e Leixo, co núcleo urbano de Baralla, ademais de dar acceso a Vilarello, outra parroquia da zona”.

Os traballos, que se executarán na súa maioría na parroquia de Piñeira, na que viven uns 100 veciños, consistirán na mellora do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas e sinalización da vía. Logo da súa adxudicación, os traballos poderán iniciarse nas vindeiras semanas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com