A Deputación mellorará estradas en Ourol

O Deputado Provincial, Pablo Rivera Capón, avanzou que o Executivo da Deputación aprobou en Xunta de Goberno melloras de 333.000 euros en 13 quilómetros de 5 estradas no municipio de Ourol, “dentro da nosa aposta pola mellora das comunicacións e infraestruturas públicas que dispoñen os nosos veciños, especialmente os do rural”.

Logo da aprobación en Xunta de Goberno do inicio da contratación, abrirase o prazo para que as empresas interesadas en executar estes traballos presenten as súas ofertas. 

As actuacións que se realizarán con estes fondos da Deputación son: 7.9 quilómetros da  LU-P-3801, que vai de Ourol Ás Lobeiras polo Carme, entre os puntos quilométricos  1,9 e 9,8; 1,6 quilómetros da LU-P-3802, que vai de Ourol á Igrexa de Ourol, entre os puntos quilométricos 0 e 1,6 1,7 quilómetros da LU-P-6602, de Ruanova por Sixto a Muras, entre os puntos quilométricos 6,5 e 8,3; 450 metros da LU-P-3807, de Bravos por Foxo a San Pantaleón, entre os puntos 0 e 0,450; 850 metros da LU-P-3803, da Ponte Torta á Cruz das Leiras, entre os puntos quilométricos 0,9 e 1,7.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com