A Deputación ofrece axudas directas ao teatro profesional da provincia

Por primeira vez a Deputación ofrece axudas directas ao teatro profesional da provincia. Presentouno esta maña a Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, e fíxoo acompañada por representantes deste sector, que tras manter diversas xuntanzas con estes profesionais, reclamaron apoio institucional para desenvolver os seus proxectos artísticos por toda a provincia.

A Deputada explicou que “o programa PROSCENIO está dirixido as compañías profesionais de teatro de carácter privado e con domicilio fiscal na provincia de Lugo, e conta cun investimento do organismo provincial de 25.000 euros e avanzou que “o calendario de actuacións de representación das compañías lucenses será dende o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2018, e o caché de cada representación dependerá da tipoloxía e natureza das obras, que oscilarán como máximo entre os 4.000 e os 5.500 euros. Os Concellos ou Asociacións sen ánimo de lucro que desexen participar nesta iniciativa deberán aportar o 50% de cada actuación, e o restante correrá a cargo da Deputación”.

A socialista informou ademais que, trala a súa aprobación na Xunta de Goberno, e a publicación das bases no BOP mañá mércores dia 29, todos os axentes interesados, tanto Concellos, así como as Asociacións e as compañías de teatro, teñen de prazo 10 días naturais, é dicir ata o 8 de setembro para presentar toda a documentación necesaria para participar neste proxecto. Ademais na web da Deputación, http://www.deputacionlugo.gal/, haberá un banner con toda a información a complementar sobre esta convocatoria.

Comisión técnica

Para realizar o calendario de PROSCENIO, a Deputación comprometese a constituír unha comisión técnica que será encargada de analizar a presentación de solicitudes, tanto das peticións de actuacións nos diferentes Concellos e Asociacións, como as inscricións dos grupos de teatro de acordo co establecido nas bases deste convocatoria. Ademais, esta comisión tamén será a encargada de encaixar as necesidades dos Concellos, asociacións e dos grupos teatrais.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com