A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, acompañada do director de Ouvirmos, José Manuel Aldea Moscoso, presentou hoxe a programación de actividades, que o organismo provincial realizará no primeiro Festival da Biodiversidade, que terá lugar en Lugo entre os días 14 e 29 de marzo.
O evento ofrecerá unha serie de actividades gratuítas e para todos os públicos, entre as que haberá conferencias de expertos, visitas guiadas, actividades infantís, proxeccións audiovisuais e actividades sociais.
O prazo de inscrición está aberto na páxina web deputacionlugo.gal, onde está dispoñible toda a información sobre horarios, datas e lugares.
Dentro da programación do festival destacan os días 21 e 22 de marzo, cando se conmemorará o Día Mundial da Poesía coa celebración do recital poético CEARTE Lugo; o Día Internacional dos Bosques, cun obradoiro de poesía ambiental e o Día Mundial da Auga, no que se realizará unha visita ás dependencias municipais onde se xestiona este ben.
Sonsoles López:
Programación:
O Festival da Biosfera está composto por un total de 24 actividades. Así, as conferencias programadas son as seguintes:
– Proxecto Ríos, que terá lugar o 25 de marzo no Centro de Interpretación Terras do Miño, ás 19:00 horas.
– Tipos de bosques na Reserva da Biosfera Terras do Miño, que se celebrará o 24 de marzo no Centro de Interpretación Terras do Miño, ás 19:30 horas.
– Soutos de Castiñeiros, o 17 de marzo, ás 19:30 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño.
– Fundador de bosques, o 26 de marzo, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
Tamén haberá conversas temáticas:
– Reservas da Biosfera e desenvolvemento sostible, o sábado 14 de marzo, ás 12:00 horas no Mercado Municipal de Lugo.
– As mulleres, os bosques e o desenvolvemento sostible, o 21 de marzo, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial dos Bosques, ás 12:00 horas, no Mercado Municipal de Lugo.
– Auga e desenvolvemento sostible, o 28 de marzo, ás 12:00 horas no Mercado Municipal de Lugo.
Actividades infantís:
– A barca dos contos, haberá tres edicións, os días 14, 20 e 28 de marzo na Praza Maior de Lugo; na Praza das Augas Férreas e na Praza da Milagrosa, respectivamente, todas elas ás 12:00 horas.
– Obradoiro de poesía ambiental, o 21 de marzo, ás 12:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño.
Visitas guiadas:
– O ciclo da auga na cidade, os días 15 e 22 de marzo, con saída ás 11:30 horas dende a Praza de Ferrol.
– Os bosques de ribeira. O río Mera, o 29 de marzo, ás 10:00 horas, con saída nun punto das ribeiras de dito río que se confirmará en datas vindeiras na web www.deputacionlugo.gal.
Proxeccións audiovisuais:
– Os mares doces de Galicia, o 23 de marzo, no Salón de Actos da Deputación de Lugo, ás 19:30 horas.
– Asolagados, o 25 de marzo, ás 20:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
“Experiencias inspiradoras”:
– Ríos con vida. Pesca sen morte, o 16 de marzo ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos.
– Embarcacións tradicionais do Miño, o 18 de marzo na Galería Sargadelos, ás 19:30 horas.
Presentación de libros:
– A aventura de vivir. O carballo, de Carlos Silvar, o día 19 de marzo, ás 19:30 horas no Centro
de Interpretación Terras do Miño.
– Guía das libélulas de Galicia, de Miguel A. Fernández Martínez, o 21 de marzo ás 19:00 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño
– O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, o 27 de marzo ás 19:30 horas no Salón de Actos da Deputación.
Exposicións:
– Peixes, pescadores e pesqueiras, do 14 ao 29 de marzo de 7:00 a 20:00 horas, no Mercado Municipal de Lugo
– O Miño, río e xentes 1900-1930, do 14 ao 29 de marzo, de 9:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, no escaparate da Farmacia da Cruz.
Poesía:
– Cearte Lugo, recital poético; o 21 de marzo, ás 21:00 horas, no Restaurante La Oca.