A Deputación prevé sacar este ano máis de 200 contratos de obras, servizos e subministros

A Xunta de Goberno aprobou este venres o Plan de Contratación do ano 2020, un documento que fai unha previsión estimativa dos procedementos de contratación de servizos, subministros e obras que desenvolverá a Deputación de Lugo ao longo deste ano. Segundo explicou o Deputado de Promoción Económica e Social, este plan, de obrigada elaboración para as administracións segundo establece a Lei de Contratos do Sector Público, prevé que a Deputación sacará adiante neste ano máis de 200 contratos por un importe total duns 20 millóns de euros.

“É un documento de traballo que reflicte a capacidade de planificación, xestión e transparencia deste goberno. Con este plan resulta tamén unha boa oportunidade para mellorar o funcionamento da estrutura desta Deputación xa que se traballa con previsión de futuro, e coa racionalización de medios e tempos”, subliñou Rivera.

Por outra banda, na Xunta de Goberno de hoxe tamén se lle deu o visto bo á licitación do contrato de subministro de emulsión asfáltica para o Parque Móbil, un dos principais instrumentos de cooperación cos Concellos da Deputación. “Será un contrato cunha duración dun ano, prorrogable por outro e o orzamento co que sae a contratación ascende a preto de un millón de euros”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com