O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, presentou a campaña de promoción turística Lugo Natural, que consta de tres vídeos promocionais en galego, castelán, inglés, e que vai ser difundida en 8 países europeos. Farase a través do Eixo Atlántico que participa no proxecto internacional EPICAH (Effectiveness of Policy for Crossborder in Heritage), para rexións transfronteirizas da Unión Europea, e que será exhibida en Portugal, Hungría, Italia, Grecia, Estonia, República Checa e Romanía.
Con esta iniciativa seguimos a folla de ruta marcada con esta iniciativa enmarcada na campaña Lugo Cambia o goberno provincial busca impulsar o crecemento e a transformación do sector turístico na provincia, na procura dun modelo máis competitivo e rendible, pois somos coñecedores das potencialidades infinitas das que dispón a nosa provincia, e da importancia deste sector para o seu desenvolvemento económico.
O Deputado remarcou que a promoción nestas oito países da Unión Europea contribuirán de xeito decido “a mellorar a cooperación transfronteiriza converténdose nunha ferramenta fundamental para o desenvolvemento turístico e a protección do patrimonio natural e cultural da nosa provincia”.
Vidal Baamonde lembrou tamén “que fai uns días aprobamos na Xunta de Goberno a realización dunha campaña de promoción turística da provincia e que conta cun investimento de 34.000 euros, que inclúe a realización de vídeos para cada un dos catro xeodestinos, (Lugo- Terra Chá, A Mariña, Ribeira Sacra, e Ancares-Courel), ademais de realizar un vídeo promocional de toda a provincia”.