O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, informa de que na mañá de hoxe, luns, comezaron os traballos de limpeza e desinfección con carácter preventivo que se realizan nos catro centros de atención a maiores da Deputación de Lugo, situados nos concellos de Pol, Trabada, Ribadeo e A Fonsagrada.
Con esta medida, que está por riba dos propios protocolos establecidos polas autoridades sanitarias contra o Covid-19 neste tipo de instalacións, a Deputación de Lugo segue extremando as precaucións para minimizar o risco de contaxio nas residencias, tanto das persoas maiores usuarias como dos profesionais que os atenden.
Os labores de desinfección desenvolveranse durante, cando menos, permaneza o estado de alarma. Cada un dos centros limparase dúas veces á semana e os traballos faranse de forma exhaustiva “tanto no interior como no exterior dos edificios coa finalidade de cubrir todas as zonas coas que a diario tanto os usuarios e usuarias como o persoal dos centros teñen contacto”, subliña o Deputado.
Son unhas tarefas que se lle encargan á empresa pública Tragsa, medio propio da Deputación dende finais do pasado ano, e que se realizarán con persoal formado e cualificado na utilización de produtos químicos autorizados polo Ministerio de Sanidade.
Rivera explica que “é fundamental protexer ás persoas maiores, xa que son as máis vulnerables xunto ás que padecen patoloxías previas, fronte a esta pandemia do coronavirus.
Post Views: 0
Mar 31, 2020 - 07:23 PM
Esto é moi importante