A Deputación recuperará a Casona do Incio e o seu uso establecerase dacordo co Concello

O Pleno da Deputación aprobou hoxe a recuperación do emblemático edificio coñecido como Casona do Incio, que non será derrubada, tal e como acordou hoxe a Corporación provincial cos votos do PSOE e o BNG. A actuación farase respectando no posible as estruturas e construcións actuais da Casona e o seu uso establecerase mediante un convenio de colaboración que asinarán a Deputación provincial e o Concello do Incio.

O acordo adoptouse por unanimidade dos deputados presentes na Sesión Plenaria, que eran os do PSOE e do BNG. Con esta decisión, o Pleno da Deputación garante a conservación dun histórico edificio, que fora adquirido no seu momento pola Deputación provincial co obxectivo de poñelo ao servizo dos veciños do Incio unha vez restaurado.

A Deputación aprobou unha moción que asegura a recuperación do inmoble, para rehabilitando respectando no posible a súa estrutura, logo de que a presidencia da Sociedade Urbanística Provincial –SUPLUSA- anunciara a súa intención de derrubar o edificio para despois construir outro inmoble semellante ao orixinal.

A iniciativa aprobada polo Pleno inclúe as propostas achegadas polo BNG e o PSOE. Nela establécese que a Deputación procederá á restauración e posta en valor da Casona do Incio, respectando en canto sexa posible as estruturas e construcións actuais. Para levar a cabo esta actuación, a Deputación promoverá un novo convenio de colaboración co Concello no que se decidirá o uso final que se dará ao inmoble unha vez recuperado, para o que se redactará o proxecto de obra coas súas específicacións concretas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com