A Deputación reforza as prestacións públicas aos veciños de Ribadeo con máis de 1 millón de euros

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, informou sobre as actuacións en reforzo das prestacións públicas aos veciños deste municipio, que levou o Goberno Provincial con máis de 1 millón de euros do Orzamento de 2016. Fíxoo nunha visita a este Concello da Mariña, no que supervisou algúns dos traballos que se executan con dito investimento, como as obras da residencia para maiores.

Campos Conde e Suárez Barcia supervisaron o inicio hoxe mesmo dos traballos de demolición do edificio anexo ao centro de maiores, que se vai habilitar como zona verde. O Presidente adiantou que se está a contratar o mobiliario. O conxunto destes traballos, máis os derradeiros da construción da propia residencia xa executados, están financiados con 700.000 euros da Deputación. O Goberno Provincial incrementou a súa achega en 500.000 euros “porque a Xunta non cumpriu co seu compromiso e negouse a achegar orzamento algún a esta instalación para a 3ª idade”.

O Presidente subliñou que “con esta residencia reforzamos os servizos sociais en Ribadeo, pois vai a ter capacidade para 47 maiores. Hoxe xa atendemos a 146 veciños deste municipio a través do Servizo a Domicilio para non dependentes e da Teleasistencia gratuíta, que lles prestamos dende o Goberno da Deputación, porque a Xunta de Galicia non o fai”.

Melloras nas dotacións públicas do casco urbano e rural

Os dous mandatarios comprobaron o estado do Auditorio Municipal Hernán Naval onde o Goberno da Deputación financia con 60.000 euros a súa mellora. O executivo tamén financiou con 23.000 euros a dotación de 60 novos puntos de luz de baixo consumo no alumeado público do aparcadoiro municipal e en diferentes rúas así comotraballos de ampliación e reforzo do encanamento de regos en 4 núcleos rurais doutras tantas parroquias. Ademais dos investimentos anteriormente mencionados, o Goberno da Deputación destinou 46.657 euros á creación de postos de traballo directos e o reforzo dos servizos municipais, a través do DEPUEMPREGO.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com