A Deputación reforza o dispositivo nas estradas provinciais polas nevaradas deste venres

A Deputación de Lugo reforzou este venres un operativo para paliar os efectos da neve nas estradas provinciais dos concellos da provincia afectados máis afectados pola neve. Os que presentaron máiz problemas foron os de Cervantes, Baleira, A Fonsagrada, onde nalgún punto chegáron a acumularse uns 12 centímetros de neve.

Nas últimas horas. Xa cara o mediodía quedou aberta a totalidade da rede viaria provincial tras unha mañá de intenso traballo que se centrou principalment, como xa queda indicado, na comarca da Montaña.

Ademais, o operativo da institución provincial tivo que actuar en vías do concello do Saviñao, afectadas tamén pola neve. En concreto, o dispositivo reforzouse nesta zona con tres máquinas, dez operarios e dous vehículos de apoio.

O operativo completo que despregou este venres a Deputación compuxérono 58 operarios e 37 máquinas e vehículos, dispoñendo, así mesmo, dos 12 silos de sal da Deputación abastecidos con 35 toneladas cada un.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com