A Deputación renova o Ben Empregado 4 con 27 novos empregos

A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, informou hoxe que o goberno provincial xa convocou as 27 prazas pendentes de cubrir no programa de emprego Ben Empregado 4, máis social. Logo da selección de 154 lucenses desempregados para cubrir outras tantas prazas en empresas e asociacións participantes no programa de emprego da Deputación, que conta cunha dotacion económica de 2,2 millóns de euros, vén de facerse pública unha nova convocatoria para a contratación doutras 27 persoas que estean no paro.

López Izquierdo destacou que “na Deputación apostamos pola xeración de postos de traballo dignos na provincia e o Ben Empregado é un bo exemplo de como se deben facer as cousas, pois nós, que non temos competencias en políticas de emprego, temos conseguido na primeira e segunda edición do Ben Empregado conseguimos unha  inserción laboral do 35%, grazas ao cal 171 persoas continuaron traballando logo de rematar o período de 1 ano subvencionado pola Deputación”.

As persoas que estean interesadas en optar a estes postos de traballo teñen de prazo ata o día 23 de maio. Para presentar as súas candidaturas deben inscribirse na Axencia de Colocación da Deputación, poden facelo en persoa ou ben telemáticamente a través da páxina web http://benempregado.deputacionlugo.org/index.php, e teñen que aportar unha Vida Laboral actualizada e un CV.

Os postos que se ofrecen son 22 para traballadores en xeral e 5 para persoas con capacidades diferentes ou de difícil integración laboral. As prazas convocadas son as seguintes: en Sarria esteticista e cociñeiro/a, en Baralla oficial de 2ª chapista pintor de vehículos e peón (chapa, pintura e soldadura), en Antas de Ulla motoserrista forestal, en Ribadeo, axudante de cociña e profesor/a de autoescuela; en Monforte de Lemos, oficial 1ª servizos múltiples de construción; en O Incio, oficial 2ª condutor/a autobús e especialista en rehabilitación de pedra granítica; en A Fonsagrada, oficial 2ª despezador e axudante de cociña; en Taboada, camioneiro/a; en Lugo, perruqueiro/a, comercial, mecánico/a, fisioterapeuta (media xornada), programador/a, cociñeiro/a-camareiro/a e graduado/a social-relacións laborais (contrato en prácticas); en Burela, cociñeiro/a; na Pastoriza, mecánico/a oficial 1ª; en Rábade, mecánico/a vehículos industriais; en Vilalba, fisioterapeuta (media xornada) e perruqueiro/a; en  onterroso, axudante electricista, e no Corgo, axudante de cociña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com