A Deputación renova o Parque Móbil con 12 vehículos novos para mellorar o servizo de mantemento das estradaspp

A Deputación vén de recibir 12 novos vehículos para renovar a flota do Parque Móbil co obxectivo de prestar un mellor e máis eficiente servizoCun investimento de preto de 182.000€, adquiriu 9 turismos e 3 todoterreo, que xa son utilizados polos capataces de obra que traballan na área de Xestión Territorial, dirixida polo Presidente, José Tomé, para a vixilancia e mantemento da rede viaria provincial e tamén para asistir aos concellos á hora de arranxar incidencias nas estradas municipais ou en obras de rehabilitación de firmes. 

Estes novos vehículos substitúen a utilitarios que tiñan 12 anos e superaban os 400.000 quilómetros pois, de media, estes vehículos rexistran máis de 30.000 quilómetros ao ano.     

Estes 12 vehículos novos súmanse aos 5 eléctricos adquiridos pola Deputación na primavera. Un total de 17 vehículos que se inclúen na fase de renovación do Parque Móbil que ten posta en marcha a Deputación de Lugo, un dos instrumentos máis importantes de cooperación cos concellos.

Novas relacionadas

  1. Antonio Fernandez
    Dec 21, 2019 - 11:31 PM

    Hay que cuidar el material que se tiene como el barco del rio miño y no abandonarlo.

    Reply
  2. José Manuel González Díaz
    Dec 21, 2019 - 10:41 PM

    E non sería mellor, tapar antes as fochancas?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com