O Voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos supervisou o remate dos traballos de renovación da rúa Ramón Díaz de Monterroso, que financiou o Executivo Provincial. Estes fondos permitiron a rehabilitación do firme con aglomerado en quente dun total de 200 metros deste vial.
Santos Ramos remarcou que “se trata dunha vía do centro urbano de Monterroso que é moi empregada polos veciños da zona, por estaren a igrexa parroquial moi cerca. Ademais, é unha estrada paralela á Benigno Vázquez que conta con moitos servizos, coma bares, establecementos e pequenos comercios, polo tanto tamén serve para estacionar. Tamén se benefician os veciños que viven nesta rúa”.
O Voceiro subliñou que “con esta nova dotación damos reposta ás demandas dos veciños de Monterroso que reclamaron unhas melloras infraestruturas viarias, para traballar no rural lugués, e ao mesmo tempo facemos unha lugar mais atractivo e accesible no que vivir”.
191.000 euros na mellora de infraestruturas viarias e dotacións da vila
O Goberno da Deputación xa investiu 191.000 euros na mellora de infraestruturas viarias e dotacións da vila. “Concretamente tamén inclúe a mellora doutros viais principais de Monterroso como as melloras das rúas Blanca Martinez con 15.000 euros; a mellora do firme da Ramón Cabanillas con 12.000 euros e a da travesía tralo Castro con 32.000 euros, ademais da Ramón Díaz”.
A maiores, este investimento tamén contempla axudas para área recreativa da Peneda con 19.000 euros; o treito de 1,6 quilómetros da estrada municipal da parroquia de Sirgal con 77.000 euros, así como a mellora do firme de Lardeiros a Sestelo con 16.000 euros.