A Deputación de Lugo restituíu o acordo de colaboración co Concello de Sarria para a Ponte Ribeira coa sinatura este xoves dun protocolo entre o Presidente, José Tomé, e o Alcalde, Claudio Garrido. Ambas institucións tiñan un convenio asinado por importe de 150.000€ para a Ponte Ribeira, que prescribiu, sen que fosen executadas as obras previstas. O protocolo firmado hoxe polo mandatario provincial co Concello é o paso previo para formalizar de cara ao ano 2020 un convenio semellante ao que perdeu vixencia, no que se concretarán as actuacións a levar a cabo nesta zona da vila.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.