O PP de Lugo ven de emitir un comunicado no que sinala que “o goberno da Deputación, é dicir, PSOE e BNG, opuxéronse á iniciativa do Partido Popular de deseñar un Plan Poscovid con medidas concretas para reactivar o tecido socioeconómico da provincia”.
O voceiro do PP expuxo que a estratexia do goberno provincial “é a de chegar tarde e iso que dende o seu Grupo se ofreceron en varias ocasións para sentarse e traballar conxuntamente na desescalada, pero os populares obtiveron sempre a negativa dos dirixentes de San Marcos. É por este motivo polo que dende o PP “se viron na obriga de solicitar o Pleno Extraordinario” celebrado hoxe”para que o executivo atendese a súa petición”.
O popular destacou que “o primeiro material que mercaron foi un mes despois de decretar o estado de alarma. Solicitámoslle o consorcio para desinfectar e tardou en mandalos. Pedímoslle que falase co tecido empresarial e dende logo se negou rotundamente tamén por vía telemática… A xestión foi tan nefasta que está baseada en plans que xa existen como son o Plan Único ou as subvencións que xa están feitas”.
Mai 26, 2020 - 08:07 PM
Eu diría en C, o B xa o gastaron.
Mai 26, 2020 - 07:46 PM
Ni puto caso, todo mentira.
Mai 26, 2020 - 07:32 PM
Se supone que la iniciativa sería en B ¿no?