A Deputación subvenciona cursos de mergullo para descubrir a riqueza submarina da Mariña

A Deputación de Lugo, dentro da súa liña de promoción da Costa lucense, subvenciona cursos de mergullo co fin de descubrir a riqueza submarina da Mariña.

Así o comunicou a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, durante o bautismo de mergullo que tivo lugar o pasado sábado na piscina municipal de Frigsa, e co que se deu comezo a esta programación dirixida a preto de 500 participantes.  Esta iniciativa está encamiñada a fomentar o deporte de auga, así como o estudo do fondo mariño da Costa lucense.

Lara Méndez, que estivo acompañada do Concelleiro de Deportes de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, e o Presidente do Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, Julio Vázquez Pérez.

A Vicepresidenta explicou que coa achega provincial, aparte de subvencionar as actividades, finánciase tamén parte dunha zódiac, coa que esta asociación sen ánimo de lucro poderá continuar cos traballos de investigación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com