Lugonovo lamenta a cancelación do Mercado Cultural de Primavera, previsto para esta ponte festiva, e atribúe á desorganización municipal a falta de participación no certame.
“Haberá que analizar cales foron as causas polas que, nesta edición, só se ocuparon a metade das prazas dispoñibles a pesar de que, en Lugonovo temos coñecemento de que había moito interese por parte das artistas locais por levar as súas creacións ao Vello Cárcere”, refire Cristina Pérez Herráiz quen tamén cuestiona a necesidade de que a coordinación da actividade se externalizase.
Unha vez máis o desleixo faise patente nunha área, a da cultura, que nos últimos anos non fixo máis que caer unha e outra vez no esperpento A falta do máis mínimo interese pola lingua e a cultura. deixa capitulos como este que miden o nivel da institución.
“Temos a sensación de que a planificación do evento foi, nesta ocasión, algo improvisada e que ese foi o verdadeiro motivo polo que non saiu adiante a convocatoria. Unha mágoa porque abonda talento en Lugo e faltan espazos para expoñelo e esta sería unha boa ocasión para conciliar ámbalas dúas cousas”, laiase a portavoz do Grupo Municipal”.
s.