A DGT comezá mañá en Galicia unha campaña especial de do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención  infantil

A Delegación do Goberno en Galicia  informa de que a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) iniciará desde mañá, luns 11 de marzo, unha campaña especial de control e vixilancia sobre  o uso do Cinto de Seguridade e Retención Infantil (SRI), que se  estenderá ata o próximo domingo 17 de marzo.

A Agrupación de Tráfico da Garda Civil, xunto coas policías municipais daqueles concellos que se sumen á iniciativa, levarán a cabo estes controis.
O obxectivo desta campaña é concienciar sobre a importancia do uso dos  sistemas de retención homologados, cinto de seguridade e SRI. Segundo  os últimos datos da DGT, en Galicia o 51% das persoas que faleceron en
accidentes de tráfico en turismos ou furgonetas no 2023 non facían uso  do cinto.

Estes datos son especialmente preocupantes xa que o uso do cinto  reduce á metade  o risco de falecemento en caso de accidente e nun 77%  en caso de envorcar do vehículo. A capacidade de protección do cinto é  igualmente efectiva respecto de todos os ocupantes, pasaxeiros que  viaxen nos asentos dianteiros, e tamén nos asentos traseiros.

A campaña consistirá nun importante incremento dos controis coa  utilización do máximo número de medios humanos e materiais  dispoñibles. Asemade, sempre que sexa posible, tanto os paneis de  sinalización variable como as pantallas alfanuméricas dos vehículos da  Agrupación de Tráfico da Garda Civil advertirán aos condutores da
existencia próxima de controis.

Campaña especial do ano pasado

Na mesma campaña do ano pasado controláronse 68.016 turismos en  Galicia dos cales 931 foron denunciados. En total dos 76.755 vehículos  controlados (autobuses, turismos, taxis e de mercancías), 1.096  resultaron infractores.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com