A día de hoxe os contaxiados pola Covid 19 en Lugo son 450, 25 máis que onte

A Área sanitaria de Lugo, rexistra nestes momentos 450 persoas contaxiadas pola Covid, onte eran 425, un incremento importante con respecto a días anteriores, onde se viñan producindo diariamente lixeiras disminucións. Agardemos que este sexa un incremento puntual e non aparezan novos casos por mor dos actos dos últimos días.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.932, deles 839 son da área da Coruña, 450 da de Lugo, 1.577 da de Ourense, 457 da de Pontevedra, 708 da área de Vigo, 719 da de Santiago, e 182 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 246 en unidades de hospitalización e 4.643 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.326 persoas curadas, rexistrándose 818 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 586.482.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com