A diversidade funcional sae á escena co ‘Superarte’

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández Noriega, presentaron esta mañá o Superarte, o I Certame de teatro feito por persoas con diversidade funcional, que terá lugar do 24 ao 28 de outubro no municipio mariñán, organizado polo Concello de Viveiro co apoio do Goberno da Deputación. No acto tamén participou o coordinador do proxecto, Fabián Ben Conde.

Ademais de teatro, Superarte inclúe proxeccións cinematográficas, visitas guiadas, actividades de danza e a mostra Enfocando Historias, que acollerá a sala multiusos da biblioteca municipal, do 25 de outubro ao 16 de novembro.

Enfocando historias é un proxecto fotográfico presentado á II Convocatoria de Actividades de Voluntariado da Fundación Telefónica por Carmen Andión Villanueva, para realizar coa Asociación DOWN LUGO, o voluntariado da Fundación y ASTELU (Asociación Senior Telefónica de Lugo) e contando coa dirección da fotógrafa Aleksandra Dmitrieva.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com