A DXT pon a funcionar dous novos radares de tramo na A-8

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) porá en marcha desde o vindeiro luns, 15 de outubro, dous novos equipos de control de velocidade que se localizarán no tramo da Autovía do Cantábrico (A-8) que une o Principado de Asturias e a provincia de Lugo.

Uns novos dispositivos que teñen como obxectivo a redución dos accidentes mediante o control do cumprimento dos límites de velocidade. Así, haberá un radar de tramo en cada sentido na A-8 entre os puntos quilométricos 505 e 506, aproximadamente na Ponte dos Santos que une Ribadeo con Asturias. O límite de velocidade é de 120 km/ h en ambos os casos.

A información destes novos sistemas de detección da velocidade observarase na estrada mediante sinal vertical previo, visible a partir do 1 de outubro, aínda que se realizarán os últimos ensaios ata o día 15 de outubro, data desde a que se tramitarán as denuncias polos excesos de velocidade que se detecten.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com