A empresa lucense Agroamb Prodalt, fundada hai 20 anos polo veterinario Severiano Ónega, vén de ser seleccionada polo ministerio para a Transición Ecolóxica para os premios europeos de xestión ambiental EMAS Wards 2019, uns premios que convoca a Unión Europea cada dous anos, nesta ocasión celebraranse en Bilbao.
A subdelegada do goberno, destacou a importancia que “ten o feito de que unha pequena empresa agrícola de Lugo opte a estes galardóns”, que recoñecen iniciativas a prol do medio ambiente, representando ao Estado Español.
O Ministerio para a Transición Ecolóxica deu a coñecer hoxe as cinco candidaturas seleccionadas para representar ao estado nestes importantes galardóns. A empresa agrícola de Lugo produce fertilizantes a base de residuos orgánicos xerados polo sector primario. O seu labor permitiu reciclar, só no ano 2018, case 100.000 toneladas de lixo orgánico e reducir o uso de fertilizantes químicos, segundo destaca o Ministerio para a Transición Ecolóxica que seleccionou a Agroamb Prodalt como candidata ao premio na categoría de empresas privadas pequenas.
Xul 20, 2019 - 11:51 PM
Noraboa a Severiano Onega Ares!
Xul 20, 2019 - 05:44 PM
Noraboa