A Escola Infantil de Vilalba, un mes máis sen servizo de comedor

A xunta directiva da Anpa da Escola de Educación Infantil (EEI) de Vilalba ven de manifestar o seu “malestar” pola “triste realidade” de que o servizo de comedor do centro non vai poder estar listo para o vindeiro mes de novembro, tal e como estaba “previsto e comprometido” por parte do Goberno local.

“Unha vez máis incúmprese outro compromiso municipal respecto á nosa escola, o cal resulta sorprendente si consideramos que todas as administracións implicadas nesta cuestión estaban a favor da súa posta en marcha”, sinalan desde a directiva da Anpa. “Somos conscientes das dificultades actuais das familias en materia de conciliación pola crise actual derivada da pandemia provocada pola Covid-19, como tamen o somos da insuficiente resposta dada desde as administracións competentes e, en especial, desde o Concello de Vilalba”, lamentan desde a asociación de nais e pais.

Entre estas “contas pendentes” do Goberno local destacan a “insuficiente dotación económica das subvencións para conciliación” e a “ausencia do servizo municipal de madrugadores”, ás que agora se suma o servizo de comedor, cuxa carencia “deixa desatendidas ás familias máis vulnerables, tendo en conta as súas dificultades económicas que se foron agravando por mor da pandemia”.

“Son moitos e reiterados os compromisos e prazos incumpridos, polo que unha vez máis demandaremos feitos e non soamente boas palabras”, advirten desde a Anpa. “Pensamos que a actual pandemia sociosanitaria non debe ser unha escusa para non prestar estes servizos, senón todo o contrario; nesta situación é cando as administracións deben redobrar os seus esforzos para contribuir ao equilibrio entre a vida familiar e laboral de todos, algo que demandamos e demandaremos no sucesivo”, puntualizan.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com