A estrada LU-651 estará cortada durante dous meses entre Ferrería Vella e Seoane do Courel

As obras de mellora na estrada LU-651 entre Ferrería Vella e Seoane do Courel obrigarán ao corte temporal deste treito de dous quilómetros da estrada autonómica a partir deste luns 5 de agosto e previsiblemente ata o día 11 de outubro. Os desvíos quedarán sinalizados coas respectivas limitacións en función dos vehículos lixeiros e pesados.

O corte é necesario para garantir a seguridade debido aos traballos de movemento de terras e de execución da estrutura dun pontón no pq 32+600, para abordar o ensanche da plataforma da calzada.

No caso dos vehículos lixeiros que se despracen desde Folgoso cara Seoane e que non cumpran coas restricións de ancho menor de 2 metros e galibo menor de 2,5 metros desviaranse pola vila de Moreda, mentres que os vehículos que cumpran coas restricións das citadas dimensións poderán usar o desvío desde Ferrería Nova e Seoane, con regularización semafórica para ambos sentidos.

Para os vehículos pesados, sinalizaranse desvíos a través das estradas provinciais de Meiraos e Seceda.

A previsión da Xunta, que é a administración responsable de ditas  obras, é rematar este outono a mellora da estrada LU-651 neste treito entre Ferrería Vella e Seoane do Courel, no que se está a realizar un investimento de 3,4M€.

Estas actuacións enmárcanse na mellora integral que impulsa o Goberno galego na estrada LU-651 (Quiroga-Seoane) no tramo de 12 km entre a saída de Folgoso e Seoane do Courel, cun orzamento global de 9,6 M€.

De xeito paralelo a Xunta avanza na redacción do proxecto da 2ª fase de acondicionamento desta estrada, entre a saída de Folgoso e a saída da travesía que atravesa o núcleo de Ferrería, cun investimento que superará os 6 M€.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com