A estrada que une os concellos de Vilalba e Xermade cortarase ao tráfico a partires do luns

O deputado delegado de xestión territorial, Jesús Carreira, informou esta mañá que a partires do vindeiro luns, día 17 de agosto, permanecerá pechada o tráfico a estrada LU- P- 6513, que une os Concellos de Vilalba con Xermade. O popular explicou que o motivo do corte, que se producirá en Camposo de Foxo de Penamaior, entre os puntos kilométricos 2;590 e 10;200, débese a que se iniciarán traballos de pavimentación con aglomerado no firme.

Carreira manifestou que debido á maquinaria empregada para levar a cabo esa rehabilitación é necesario cortar a estrada á circulación polo que se recurrirá a cortes de tráfico sinalizados. A estimación de duración dos traballos é duns sete días hábiles. Deste xeito o fin de semana do 22 e 23 estará novamente aberto ao tráfico e pecharase o luns 30 ata que finalicen as labores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com