A Estratexia Lugo Transforma logra o apoio unánime da corporación local

O Pleno Extraordinario celebrado hoxe no Concello de Lugo aprobou a modificación de crédito para posibilitar a incorporación de 12 millóns de euros, procedentes dos remanentes municipais, que o Goberno destinará a fomentar o emprendemento en sectores estratéxicos, acordes ao seu modelo de cidade e que se consolidará na Estratexia Lugo Transforma.

“Hoxé é un día importante para a cidade de Lugo – valorou a rexedora. A unanimidade alcanzada ao respecto desta iniciativa debería repetirse en máis ocasións, sobre todo cando o que persegue é a transformación da nosa cidade, a través do tecido económico e para resolver a situación de dificultade que estamos a vivir”.

Lara Méndez incidiu na necesidade de ser conscientes “do contexto social de crise no que nos atopamos, pero no que queremos e debemos ser ambiciosos, para adiantarnos ao devir desta pandemia e ver os camiños que nos abre. Eso é o que persegue esta Estratexia: reverter as consecuencias do Covid e aproveitalo para crecer, xerar emprego e paliar o que se está perdendo, porque a mellor política que podemos levar a cabo é a de evitar que moitas persoas sufran unha situación da vulnerabilidade ofrecéndolles unha oportunidade laboral”.

A alcaldesa sinalou que, pese a non ter competencias na materia “dende o Concello de Lugo queremos ser proactivos e reinventarnos nun momento de incertidume donde a iniciativa o é todo, especialmente cando estes fondos contribuirán a fornecer o noso modelo de cidade, sostible, amable e acolledora, á vangarda do país, que non só ten que ser motivo de orgullo para a toda a Coorporación senón tamén de toda a veciñanza”, declarou.

A rexedora lembrou durante a súa intervención que Lugo Transforma é un fondo pioneiro en Galicia, especialmente dentro do ámbito local, co que se pretende impulsar a creación de pequenas e medianas empresas capaces de diversificar o tecido produtivo local, actualmente moi ligado ao sector servizos.

A Estratexia Lugo Transforma articularase a través da entrada temporal do Concello en proxectos empresariais innovadores a través da modalidade de fondo de capital risco. Deberán ser proxectos de alto valor engadido, tanto de empresas pequenas ou medianas así como de nova creación, con potencial de crecemento e con alta capacitación naqueles sectores que xeren, preferentemente, impacto social e ambiental, quedando excluídos o inmobiliario e o financeiro. A xestión do fondo, que estará aberto á participación doutros investidores, tanto públicos como privados, sacarase a licitación para que se rixa de acordo coa estratexia de investimento exposto na proposta técnica que, neste intre, xa está elaborando o Concello.

Con todo, o apoio unánime non resta as condicións de outros partidos. E é  que, por exemplo, o Partido Popular que avalou esta mañá a mobilización de 12M€, durante a intervención do seu voceiro, Ramón Carballo, esixiron claridade sobre cales van ser os criterios de reparto dos cartos e quen vai estar ao fronte desta xestión. Tamén pediu que “en aras á transparencia se incorpore no comité de investimento, que deberá fiscalizar o Fondo Capital Risco, a todos os grupos políticos da corporación para, deste xeito, poder facer un control exhaustivo do destino destes cartos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com