O CEIP Nazaret, de Cangas do Morrazo, acolleu hoxe a presentación da mostra itinerante “Aquela nena de Sarria”, un proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, e que conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello de Sarria e a Real Academia Galega. Participaron no acto Ana Sánchez Castro, en representación do centro educativo, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.
A mostra permanecerá no centro ata o 14 de maio.