A exposición “Os nove anos de Fraguas en Lugo” inaugurase en Guitiriz

O próximo luns, ás 12,15, no Instituto de Guitiriz, vaise inaugurar a exposición Os nove anos de Fraguas en Lugo, mostra preparada polos antigos alumnos de Antonio Fraguas na provincia, aos sesenta anos da súa marcha do Instituto lucense, por térselle dedicado ao profesor o Día das Letras Galegas  deste ano.

A iniciativa, que foi posible grazas ao departamento de Política Lingüística da Xunta de Galicia, comprende a exposición, un libro e unha web, e foi iniciativa do profesor Manuel Regueiro Tenreiro, recentemente falecido, e nela participaron o historiador Antonio Prado, e os antigos alumnos de Fraguas Xulián Parga, Paco Martín e Xulio Xiz.

A mostra inaugurouse no Instituto Lucus Augusti de Lugo, o Instituto lucense de Fraguas, para seguir polo Instituto Rosalía de Castro e o Antonio Fraguas de Santiago, a Casa das Letras de A Estrada, a Biblioteca Provincial de Lugo, Casa de Cultura de Vilalba, e Ateneo Ferrolán, comezando agora un percorrido por institutos da provincia, e institucións como o Centro Galego de Salamanca ou o Pazo de San Roque en Santiago.

 

c

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com