A Federación de Asociacións de Veciños iniciará unha campaña para a que se amplíen as prazas dos aparcadoiros

O presidente da A Federación de Asociacións de Veciños Jesús Vázquez ven de anunciar o inicio dunha campaña para que se a amplíen as prazas dos tres aparcadoiros que son concesións municipais nas Prazas de: Santo Domingo, Ferrol e Constitución, este e outros temas tema foron abordados na asemblea ordinaria celebrada pola federación de asociacións na noite do pasado venres.

No concernente  aos aparcadoiros e para explicitar a estreiteza das prazas, Vázquez fixo o seguinte comentario: “Aparcar, aparcas, pero despois non podes saír do coche”. O líder veciñal subliñou que “o Concello e a empresa concesionaria terán que negociar, de modo que sexa posible reducir o número de prazas para gañar espazo para as outras”. Asemade destacou que as medidas dos coches aumentaron considerablemente desde que foron construídos estes subterráneos e que se fai inaprazable executar as reformas necesarias.

Outro dos temas tratados na asemblea da federación foi a precaria situación do ferrocarril na nosa provincia, polo que se acordou seguir coa campaña para esixir máis servizos ferroviarios. Vázquez explicou que “na asemblea tomouse a decisión de constituír un eixo reivindicativo Monforte-Sarria-Lugo-Viveiro, e asegurou que se alguén cre que esta campaña é cousa dun día, equivócase”.

A federación veciñal tamén tomou o acordo de solicitar unha entrevista co conselleiro de Política Social, para expoñerlle a necesidade de que Lugo conte cunha residencia publica para a terceira idade. Aproveitarán igualmente para relatar algunhas outras necesidades da cidade no ámbito propio da citada consellería.

Na reunión abordáronse tamén cuestións relacionadas coa Operación Quilo e o programa de axuda Entre Veciños, así como que  deron  comezo novos cursos no parque periurbano da capital, sobre invernadoiros e cultivo de flores e quedou constancia  das solicitudes dun taller de memoria na Pastoriza e O Corgo, así como un sobre produtos fito sanitarios  en Sarria.

Na asemblea do pasado venres, a federación tamén deu conta da incorporación doutras dez asociacións, dos municipios de: Lugo, Xermade, A Pastoriza, Saviñao e Viveiro. Coas novas incorporacións, a federación está integrada por 203 colectivos, o que significa, segundo explicou Jesús Vázquez, que suma máis que todas as demais federacións provinciais xuntas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com