A Federación de asociacións veciñais da provincia de Lugo “Lucus Augusti”pide o fin do monopolio da I.T.V.

Dirixido a: • Sr. Ministro de Industria e Turismo do Goberno de España, D. Jordi Hereu i Boher. • Sra. Conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Dna. María Jesús Lorenzana Somoza. • Sr. Delegado do Goberno de España na Comunidade Autónoma de Galicia, D. Pedro Blanco Lobeiras. • Sra. Subdelegada do Goberno de España na provincia de Lugo, Dna. María Isabel Rodríguez López. • Sra. Valedora do Pobo de Galicia, Dna. María Dolores Fernández Galiño.

 

Desde a Federación de Asociacións Veciñais da provincia de Lugo “Lucus Augusti”, que conta, na actualidade -mes de xullo do ano 2024- con máis de 320 asociacións veciñais, ao longo e ancho da provincia lucense, manifestamos a nosa preocupación ante a pervivencia dun dos monopolios que con máis intensidade gravan e afectan directamente os veciños e veciñas lucenses: a Inspección Técnica de Vehículos (I.T.V.)

Esta preocupación, manifestada xa ao longo dos pasados meses desde a Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” – CoGaVe -que aglutina o Movemento Veciñal en Galicia, e entidade da que a Federación “Lucus Augusti” forma parte, ostentando, ademais, na actualidade, a súa Presidencia-, lévanos, unha vez máis, a reivindicar, polas súas consecuencias directas na cidadanía -veciños e veciñas-, o fin dos monopolios.

Queremos lembrar, tamén, neste punto, que as Administracións con competencia directa nesta materia -e a cuxos representantes públicos diriximos esta carta,- son o Ministerio de Industria e Turismo do Goberno de España -con carácter xeral-; e, no referente especificamente á xestión, as Comunidades Autónomas -neste caso, a Xunta de Galicia a través, neste ano 2024, da súa Consellería de Economía e Industria; sendo, tamén, no caso de Galicia, do mesmo xeito que outras Comunidades Autónomas de España, un servizo -a I.T.V.-, prestado por empresas públicas. No caso concreto da Comunidade Autónoma de Galicia, o artigo 30.I.2ou do seu Estatuto de Autonomía, establece que “se regula como competencia exclusiva da Comunidade Autónoma a materia de Industria”. O traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma realizouse mediante o Real Decreto 2563/1982, do 24 de xullo. Así mesmo, a actividade da Inspección Técnica de Vehículos (I.T.V), foi regulada polo Decreto 165/1982, do 7 de novembro, polo que se integran as estacións de Galicia. En particular, o seu artigo 5ou establece que “a explotación das estacións será mixta, correspondendo á Consellería de Industria da Xunta de Galicia -neste caso, e actualmente, ano 2024, a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia- o exercicio da dirección técnica das mesmas e a supervisión do cumprimento das obrigacións e responsabilidades da Entidade ou Entidades adxudicatarias, e sendo a cargo destas a construción e xestión das estacións”. A adxudicación da explotación será mediante concurso público. O territorio da Comunidade Autónoma de Galicia divídese en 9 zonas de influencia. A empresa concesionaria deberá abonar un canon á Comunidade Autónoma.

No ano 1987 adxudicouse mediante concurso público á empresa Supervisión e Control o servizo de inspección técnica de vehículos -I.T.V.-, que á súa vez foi comprada por Applus no ano 2017. A adxudicación, en 1987, foi, en principio, de forma exclusiva para vehículos particulares de menos de 9 prazas. Posteriormente, no ano 1991, ampliouse a vehículos de servizo público e particulares de máis de 9 prazas. Facendo un percorrido pola xeografía galega no referente ás estacións de I.T.V., temos, que no que respecta a a provincia de Lugo, existen estacións de I.T.V. distribuídas en 5 puntos ao longo da xeografía: a propia cidade de Lugo, capital da provincia; Viveiro, Foz, Monforte de Lemos e Vilalba.

Facendo un cálculo rápido pero moi aproximado, baseado nos datos oficiais das propias estacións -que son públicos, e que recollemos a continuación-, chegamos a resultados como os seguintes: No caso da estación de I.T.V. da capital lucense, esta conta con 5 portas de acceso para vehículos, e onde cada vehículo permanece durante uns 10 minutos de media. Ao cabo de 1 hora, pola estación de I.T.V. circularon, aproximadamente, uns 44 vehículos. Tendo en conta que -segundo os datos e horarios oficiais-, dita estación de I.T.V. presta servizo durante 71,5 horas á semana -en horario de luns a venres, de 8h. a 21h. – ininterrompidamente-, e os sábados, de 8h. a 14.30h.-; ao cabo dun mes prestarían servizo durante unha media moi aproximada de 286 horas; e ao cabo dun ano, durante aproximadamente 3.575 horas -71,5 x 50 semanas/ano-. euros/vehículo-; ao cabo de 1 mes, ingresa uns 515.944 euros -12.584 vehículos/mes x 41 euros/vehículo-; e ingresa uns 6.449.300 euros ao cabo de 1 ano -157.300 vehículos/ano x 41 euros/vehículo-. Tomando como datos de custo por vehículo os datos oficiais actualizados ao presente ano, 2024, e que recollemos nas liñas seguintes, e tendo en conta que o beneficio neto de cada estación rolda o 50% dos ingresos, atopámonos con cifras tan astronómicas como as que, en efecto declara a propia Applus -propietaria do 100% das I.T.V. de Galicia tras a compra, no ano 2017, da empresa Supervisión e Control -adxudicataria por concurso público, desde 1987, do devandito servizo-. Cifras de beneficios, que segundo a propia Applus, no ano 2022 roldou o 50,8%, con 48,6 millóns de euros.

Á vista dos resultados obtidos -onde a propia empresa Applus recoñece obter un beneficio de 48,6 millóns de euros ao peche do ano 2022, un 50,8% superior ese ano, ao obtido no ano anterior- resultados, en todo punto desorbitados e, que xa no seu día, desde a CoGaVe, cualificamos de totalmente desproporcionados -e máis, tendo en conta a situación económica actual para a inmensa maioría dos veciños e veciñas-, manifestamos tamén, desde a Federación de Asociacións Veciñais da provincia de Lugo “Lucus Augusti”, o noso profundo rexeitamento á pervivencia dos monopolios, na mesma liña do que solicita tamén a propia Comisión Europea.

Outro dato que queremos resaltar, desde a Federación de Asociacións Veciñais da provincia de Lugo “Lucus Augusti”, é que no ano 2024, o prezo da I.T.V. rexistra un novo incremento, tanto para vehículos con motor de gasolina como diésel. Os prezos actuais (ano 2024) son os seguintes: • Ciclomotores: 25,56 euros. • Motocicletas: 36,95 euros. • Turismos particulares: • Gasolina (sen catalizador): 36,95 euros. • Gasolina (catalizados): 41,96 euros. • Diésel (matriculado despois de 1980): 50,12 euros. • Diésel (matriculado antes de 1980): 36,95 euros. Mercadorías lixeiros: • Gasolina (sen catalizador): 36,95 euros. • Gasolina (catalizados): 41,96 euros. • Diésel (matriculados despois de 1980): 50,12 euros. • Diésel (matriculados antes de 1980): 36,95 euros. Mercadorías pesados: • Gasolina (sen catalizador): 36,95 euros. • Gasolina (catalizados): 41,96 euros. • Diésel (matriculado despois de 1980): 63,41 euros. • Diésel (matriculado antes de 1980): 36,95 euros. Vehículos agrícolas: • Vehículos agrícolas (todos): 22,74 euros. • Resto de vehículos (todos): 36,95 euros. Así mesmo, e como xa fixo no seu día a CoGaVe, desde a Federación de Asociacións Veciñais da provincia de Lugo “Lucus Augusti”, propoñemos a liberalización, como medida alternativa, e que poidan ser habilitados como puntos de exercicio de I.T.V. os concesionarios oficiais e talleres de vehículos que así o desexen, a condición de que conten cos recursos de equipamento humano e técnico para iso.

A este respecto, ademais, solicitamos ás Administracións, que ademais de exercer os labores de control e supervisión dos devanditos puntos, ofrezan tamén o correspondente soporte económico que permita dita actividade. O fin dos monopolios, que reclamamos desde esta entidade -e, matizamos, é solicitado tamén por parte da Comisión Europea-, é beneficioso para o conxunto da sociedade, xa que implica competitividade, co consecuente incremento na calidade dos servizos prestados, tendo en conta que supón un abaratamento directo dos custos que o cidadán ou cidadá debe asumir -xa que, lembramos que a I.T.V. é un proceso de obrigado cumprimento para todo/a condutor/a.

Lugo, luns 8 de xullo de 2024.

Xunta Directiva da Federación de Asociacións Veciñais da provincia de Lugo “Lucus Augusti”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com