A Federación de Montañismo e o concello estudan a creación de zonas de escalada en Mondoñedo

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, mantivo un encontro de traballo con Nacho Jorge, vicepresidente da Federación Galega de Montañismo e con Quico Jorda, técnico da Escola de Montaña, cos que estudou as posibilidades de cara a crear zonas de escalada no municipio.

Na reunión, os asistentes valoraron a idea de implementar deportes de montaña en Mondoñedo, nomeadamente a escalada. Así, estudarán diferentes emprazamentos para colocar este tipo de áreas, como unha forma de dinamizar o turismo activo.

Desde a Federación Galega de Montañismo comprometéronse a presentar unha memoria sobre as mellores zonas para practicar esta modalidade deportiva en Mondoñedo, así como o seu impacto para a economía local ou o medio ambiente.

Nacho Jorge e Quico Jorda trasladáronlle á rexedora as posibilidades iniciais que ofrece o Concello en relación coas zonas de escalada. O Goberno local prestaría a súa colaboración para a adecuación de sendeiros ou a limpeza da maleza nos sitios elixidos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com