A Federación de Veciños de Lugo adhírese ás accións da CEAV para suspender as patentes das vacinas da Covid19

A Federación Provincial de Asociacións de Veciños da provincia de Lugo, adheriuse ás accións da Confederación Nacional de Asociacións de Veciños (CEAV) na demanda da liberalización ou suspensión de patentes farmacolóxicas, de forma especial en posibles etapas de pandemias ou problemas sanitarios que afecten a un país ou ao mundo en calquera momento da historia.

A Federación opina que “non é o mesmo contar cuns poucos laboratorios que fabriquen 1.000.000 de doses, a dispoñer dun gran número de laboratorios, que permita a cada país dispoñer de millóns de doses que permitan un tratamento inmediato a máis do % da poboación”, e sitúa este feito como o principal motivo da súa unión á estas accións reivindicativas.

“É importante que a Unión Europea avance xa nesta liña, pero o apoio neste momento de EEUU a unha suspensión das patentes sobre as vacinas contra o COVID, xerando esperanza no combate á pandemia, esa supresión poderá ser levantada cando se consiga vencer a pandemia”, explican dende a Federación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com