A Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti urxe ao Concello de Lugo a “expor unha solución ao caos producido polo novo deseño de liñas de autobús urbano levado a cabo pola Concellería de Movilidad do Concello de Lugo sen previa consulta nin información adecuada aos veciños e veciñas dos diferentes barrios da nosa cidade”.
Estas declaracións fixéronas no marco dunha reunión con membros do Grupo Municipal do Partido Popular, a proposta da formación, a fin de intercambiar puntos de vista en relación ao novo trazado de autobús urbano na nosa cidade e o caos organizativo que este está a provocar en veciños de todos os barrios lucenses.
Desde a Federación informan ademáis de que fixeron chegar aos populares asistentes á reunión a información solicitada en cada un dos barrios que o colectivo veciñal visitou ata o momento recollendo as queixas dos veciños en torno ás novas liñas de bus. “Anunciámoslles que esta tarde estaremos ás 20.30 h. en Albeiros; mañá, venres 10 de xuño, ás 20.30 h. en Conturiz; e a próxima semana, en Fontiñas, Sacro Corazón, As Gándaras, A Milagrosa e Muxa”, aclararon dende a Federación.
Dende o colectivo aseguran tamén que “toda a información que estamos a recibir dos veciños e veciñas nos diferentes barrios da nosa cidade, estámoslla trasladando á propia Concellería de Mobilidade do Concello de Lugo, a fin de que escoite aos veciños –algo que non fixo ata o momento e segue sen facer- e poña remedio, cumprindo coa súa obrigación como responsables públicos. Ademais, estamos a dar puntualmente conta de cada unha das reunións aos medios de comunicación, e novamente lembramos que seguiremos reuníndonos cos veciños de cada barrio que o soliciten”.
“Por parte da nosa entidade, lembramos que ademais de solicitar aos titulares da Concellería de Movilidad do Concello de Lugo que se reúnan en cada un dos barrios da nosa cidade e fagan partícipes á cidadanía dos cambios que lles van a afectar directamente, ademais de escoitar as súas queixas, demandas e suxerencias, expuxemos tamén a necesidade de que os transbordos sexan gratuítos, así como que se instalen
marquesiñas e dispóñase dun servizo de mantemento das mesmas”, explican.
Para rematar, dende a Federación de Asociacións Veciñais lembran que siguen a dispor de toda a veciñanza, ” que chegaremos ata o final na demanda de que as súas peticións sexan antendidas; e que poderán contactar connosco a través das seguintes vías”.