A Federación Provincial de Asociacións de Veciños pide mellorar a cobertura telefónica e de redes

A Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo vén reivindicar, un substancial cambio na estratexia e prestación de servizos públicos á cidadanía por parte das Administracións Autonómica e Central. A actual situación de confinamento que estamos a soportar todos, esixe importantes melloras nos servizos aos cidadáns e dun modo especial ao medio rural. Temos miles de persoas confinadas nos nosos pobos e aldeas da provincia sen unha básica cobertura telefónica, con comunicacións cortadas ou con demasiadas zonas escuras e igualmente sen unha cobertura nas redes da internet, onde non poden facer uso desta tecnologia, sofren os problemas dunha rede ADSL (obsoleta) e dunha rede inalambrica 3 G ou 4 G (onde teña cobertura). Vexamos de exemplo zonas como: O Caurel, Os Ancares, A Fonsagrada, O Cadavo, A Terra Chá, Muras, Ourol, A Pastoriza, Riotorto ou a gran maioría da zona sur da provincia, onde como dicimos, non hai cobertura ou é tan mala que non pode ser utilizada, o que sumado á deficiente cobertura telefónica, pon nunha situación de total illamento ás persoas que viven no medio rural ou en zonas urbanas onde tampouco chega a fibra óptica.
Nun momento como este de uso desmesurado das redes, satúrase totalmente o ancho de banda dispoñible. Todo isto provoca, que os cidadáns nesta situación, non poidan contactar coas empresas de servizos e subministracións na xestión das súas explotacións agrícolas e gandeiras; concellos, deputacion e outras institucións, non poden ofertar tele-traballo aos seus traballadores (que viven en zonas rurais ou illadas do medio urbano); a Xunta de Galicia tentou facer uso do ensino on- line a través do programa ABALAR, pero cantos alumnos do medio Rural puideron facer uso del? Por iso isto non serve de nada, porque Galicia ten miles de alumnos matriculados en ESO, Bacharelato e FP e mais de 200.000 en infantil e primaria que ata o de agora só dispoñen dos traballos que os seus profesores lles
prepararan antes da Pandemia. Agora unha gran maioría válese duns apuntamentos que poden recibir dos seus pais ou lles son impresos polos “ concellos” e entregados polo seu persoal ou protección civil. Con problemas úsase a comunicación telefónica ou a través de WastApp entre profesores e pais ou alumnos, algo totalmente deficiente, xa que o medio rural atópase con problemas para contactar co 112, 061 e mesmo a Garda Civil. Por iso, desde esta Federación Provincial vémonos na obrigación de requirir que a Xunta de Galicia que a través do seu ente autonómico AMTEGA deseñe de forma inmediata un plan de coberturas telefónicas e de redes, con todos os provedores de telefonía e internet para que teñamos unha rede que como mínimo nos ofreza sobre calquera punto da xeografía galega unha cobertura de 50 Mbps para Internet e cobertura telefónica ao máximo nivel. Non se pode contar cun só servidor, dicimos contacten con todos e teñamos cobertura total, non en función do seu interese económico.
Lugo 24 de abril de 2020 Comisión Executiva Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com