Asociación de Veciños de Lugo

A Federación Provincial de Asociacións de Veciños solicita a gratuidade do aparcadoiro do HULA

A comisión executiva da Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo, ven de enviar unha carta ao conselleiro de sanidade para pedirlle a gratuidade do aparcadoiro do Hula Aparcadoiro do HULA e dos centros hospitalarios de Galicia, dado os problemas que a situación de Pandemia está a provocar. “É unha “situación sumamente delicada por iso, a administración debe suprimir aquelas taxas que está na súa man corrixir de forma inmediata”·

Na misiva tamén indican que os familiares dos doentes “son mesmo un caso excepcional e non poden continuar pagando nun aparcamento público que a cidade de Lugo entregou ao Sergas para a construción do hospital e por tanto repetimos que debe de aplicarse a gratuidade de forma inmediata xa que nos cobran por aparcar na nosa casa”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com