O vindeiro domingo dia 13, entre as 10:30 e as 16:00 horas celebrarase A Feira de Ano de Gomeán , que este ano cumpre 100 anos. O lugar, como non podería ser doutro xeito, será o do Campo da Feira de Gomeán no concello de O Corgo.
A Asociación de Veciños “O Salgueiriño” de Gomeán, está a realizar un intenso traballo de recuperación desta tradicional, antiga e afamada feira, tratando de dala a coñecer a máis xente cada ano e para que as novas xeracións coñezan o seu pasado.
Dende a asociación preténdese que a feira continúe amosando o seu carácter tradicional e, consonte a esta premisa, desenvolverase un extenso programa de actividades que inclúen actuacións de música tradicional, demostración de diversos oficios tradicionais, mostra de animais de razas autóctonas, desfile de traxes tradicionais e maquinaria agrícola clásica, exposición de imaxes e datos antigos sobre Gomeán, demostración de habilidades caninas, concurso de manexo de porco celta, degustación de carne de tenreira de raza cachena e actuacións que sorprenderán e, á vez, manterán viva a memoria colectiva do rural.