Dada a situación epidemiolóxica actual, o Concello de Vilalba e a Asociación de Queixeiros de San Simón da Costa decidiron suspender a tradicional Feira do Queixo de Vilalba no seu formato presencial habitual, e trasladarase a promoción deste típico produto ao eido virtual e divulgativo, intentando compensar a dalgún xeito, a cancelación da tradicional Feira do Queixo de Vilalba.
Unha decisión calificada por ambas entidades como “difícil e que se tomou tras constatar que o fomento da mobilidade durante a Semana Santa, data de celebración da feira, sería pouco aconsellable”.
Ademais, dado o carácter gastronómico da feira, “garantir o estrito cumprimento das medidas de seguridade nas catas dos produtos resultaría imposible de controlar”. Tanto os queixeiros como o Concello de Vilalba coinciden ademais en que celebrar a feira noutro formato, por exemplo sen catas, desvirtuaría o evento completamente.